Biografía

Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección no panorama musical galego. Cunha destacada traxectoria artística, na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu, presétase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto.

"Riobó" é o nome do grupo de Begoña, e tamén o título do seu primeiro traballo discográfico, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe. Deste xeito, cada concerto convírtese nunha mostra de sensacións, onde conviven as raíces culturais máis puras con formulas interpretativas actuais.

Acompañando a Begoña, en "Riobó" atópanse catro recoñecidos músicos cunha sólida traxectoria, habituais nos principais proxectos musicais de Galicia. Son Fernando Barroso (Guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzouki), e Fernando Pérez (Frautas e requinta).

© 2011 Riobó - Todos os dereitos reservados | Acesso Privado